Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. de Freixeiro e Escanavada, no concello do Vicedo e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 34/2000 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que constan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

b) Finalidade: mellora da infraestructura eléctrica existente na zona.

c) Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. a Xerdiz e remate no C.T. proxectado de Freixeiro de 1.124 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56.

2. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. a Xerdiz e remate no C.T. proxectado de Escanavada de 149 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56.

3. Centro de transformación de intemperie de Freixeiro de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Centro de transformación de intemperie de Escanavada de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Rede de baixa tensión aérea de Freixeiro de 730 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

6. Rede de baixa tensión aérea de Escanavada de 60 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación de bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, se realiza tamén para

os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 30 de xaneiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 34/2000Provincia: Lugo

L.M.T., C.T. e R.B.T. Freixeiro e EscanavadaTermo municipal: O Vicedo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

7PeitouroEucaliptalRicardo Varela VolonCongostras, 17 Pallaregas

27850 Lugo

41780

9PeitouroEucaliptalSaturnino Fraga PazCantarrá, 32 27850 Viveiro (Lugo)4 e 511462.016

10PeitouroPiñeiralSaturnino Fraga PazCantarrá, 32 27850 Viveiro (Lugo)40,5146960

15CanosPiñeiralDolores Fraga PazR/ Celso Emilio Ferreiro, 1-5º

27850 Viveiro (Lugo)

56896

17CanosPradoDolores Fraga PazR/ Celso Emilio Ferreiro, 1-5º

27850 Viveiro (Lugo)

70,513217

19CanosPradoDolores Fraga PazR/ Celso Emilio Ferreiro, 1-5º

27850 Viveiro (Lugo)

12198