Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e
no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T. C.T. Espiñeirido.
Situación: Ribeira.
Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 752 m de lonxitude coa orixe no tramo da liña existente entre os C.T. Teira e C.T. Espiñeirido, que se vai instalar. Centro de transformación tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Espiñeirido. Concello de Ribeira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 7 de febreiro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña