Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.908

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (912/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 912/2001, seguidos por instancia de José Luis Díaz Rodríguez e outros, contra a empresa Puertas y Complementos Garfer, S.L. e outras, sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data 15-2-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por José Luis Díaz Rodríguez, Manuel Antonio Reboredo Fraga, Jesús Gómez Brandariz, Aurelio Bermúdez Lata, Ricardo Liste Becerra, José Souto Mesías e Santiago Mosquera Souto, declaro a improcedencia dos seus despedimentos e, debido á situación de desaparecida da empresa, declaro a extinción do contrato de traballo na data da presente resolución, e condeno a empresa Puertas e Complementos Garfer, S.L., a que os indemnice coas cantidades seguintes: a José Luis Díaz Rodríguez 28.775,4 euros; a Manuel Antonio Reboredo Fraga 21.681,76 euros; a Jesús Gómez Brandariz 20.262,86 euros; a Aurelio Bermúdez Lata 31.319,84 euros; a Ricardo Liste Becerra 29.297,57 euros; a José Souto Mesías 2.834,66 euros e a Santiago Mosquera Souto 8.050,03 euros, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta sentencia, e que ascenden as cantidades que se sinalan a continuación: a José Luis Díaz Rodríguez 3.478,4 euros; a

Manuel Antonio Reboredo Fraga 3.356,61 euros; a Jesús Gómez Brandariz 3.478,4 euros; a Aurelio Bermúdez Lata 3.417,25 euros; a Ricardo Liste Becerra 3.417,25 euros; a José Souto Mesías 3.478,25 euros e a Santiago Mosquera Souto 3.353,61 euros.

Absolvo da demanda á empresa Carpintería Fariña, S.L. e o fondo de garantía salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese á empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 912-2001, do banco BBVA desta cidade, denominada, Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Puertas y Complementos Garfer, S.L. e Carpintería Fariña, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, o 15 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado