Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 172/2001 seguidos por instancia de José Antonio Capelo García contra TXSS e Manuel Ameijeiras García, sobre alta, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 14-2-2002, coa seguinte parte dispositiva:
«Que estimando en parte a demanda interposta por José Antonio Capelo García, contra a Tesourería Xeral da Seguridade Social e Manuel Ameijeiras García, debo declarar que procede a baixa do sr. Ameijeiras García na empresa do demandante con efectos do 31 de decembro de 1999, condenando a TXSS a estar e pasar por tal declaración.
Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.
Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que lle sirva de notificación a Manuel Ameijeiras García, que se encontra en ignorado paradoiro, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, o 14 de febreiro de 2002.
O secretario xudicial
Rubricado