Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.907

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2002 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos a prazas de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e realizado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do día 16 de abril de 2001 (BOE do 9 de maio), e que son as que se relacionan como anexo a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2002.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: enfermería.

Praza nº 1839/2001.

Comisión titular:

Presidente: Urbano A. Santana Penín, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: José Mayán Santos, catedrático de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Juan Viñas Salas, catedrático de universidade. Universidade de Lleida.

Juan Francisco León Puy, catedrático de escola universitaria. Universidade de Zaragoza.

Mª Rosario Rubio Altamirano, catedrática de escola universitaria. Universidade de Granada.

Comisión suplente:

Presidente: David Suárez Quintanilla, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Elisardo García Iglesias, catedrático de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Antonio Alarco Hernández, catedrático de universidade. Universidade de La Laguna.

José Aparicio Patino, catedrático de escola universitaria. Universidade de Cádiz.

Jesús Antonio Sáez Crespo, catedrático de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.