Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.904

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 13 de marzo de 2002 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade pertencentes ó corpo de aspirantes para os rexistros vacantes que se citan.

O nomeamento de rexistradores da propiedade e mercantís que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

En cumprimento do establecido no artigo 277 do texto refundido da Lei hipotecaria e nos artigos 504 e seguintes do regulamento para a súa execución, e dando cumprimento ó establecido no seu artigo 508, pola orde do Ministerio de Xustiza 109/2002, do 14 de xaneiro, constitúese o corpo de aspirantes a rexistradores da propiedade, mercantís e bens inmobles.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes en virtude de concurso entre aspirantes aprobados nas últimas oposicións, convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado e, de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 e demais

concordantes do regulamento para a súa execución e os decretos da Xunta de Galicia 161/2000, modificado polo Decreto 120/2001, do 10 de maio, e 306/2001, do 15 de decembro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los aspirantes comprendidos na citada orde ministerial, que a seguir se relacionan, para prove-los rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

1. Santiago Blasco Lorenzo, aspirante nº 4, para o Rexistro de Arzúa (A Coruña).

2. Isabel González García, aspirante nº 10, para o Rexistro de Sarria (Lugo).

3. Adelaida Sánchez Rus, aspirante nº 15, para o Rexistro de Chantada (Lugo).

4. Cristina Villaverde Guldrís, aspirante nº 27, para o Rexistro de Xinzo de Limia (Ourense).

5. Sergio Saavedra Morales, aspirante nº 28, para o Rexistro de Muros (A Coruña).

6. Guillermina Bosch Cabot, aspirante nº 35, para o Rexistro de Allariz (Ourense).

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais