Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.904

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Rosa María Pol Ruibal e outros.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso número 1/1188/2001 interposto por Rosa María Pol Ruibal e outros contra o acordo de concertación social subscrito pola Administración sanitaria e as centrais sindicais CC.OO., CIG, CESM-SATSE, CSI-CSIF e UGT sobre retribucións e condicións de traballo do persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 55, do 19 de marzo de 2001).

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos