Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.904

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 14 de marzo de 2002 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 28 de decembro de 2001, e resolto por resolución da devandita dirección xeral do 22 de febreiro de 2002 (BOE do 6 de marzo) e, de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial; o Decreto 161/2000, modificado polo Decreto 120/2001, do 10 de maio, e 306/2001, do 15 de decembro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los notarios que de seguido se relacionan para prove-las notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Daniel Balboa Fernández, notario de Chantada, 3ª, para a notaría de Ourense.

-Carmen Alicia Calaza López, notario de Rianxo, 3ª, para a notaría da Estrada (Pontevedra).

-Rafael González Gozalo, notario de San Sadurniño, 3ª, para a notaría de Silleda (Pontevedra).

-José Manuel López Cedrón, notario de Monforte de Lemos, 2ª, para a notaría de Cervo (Lugo).

-Pascual Malo Cantarino, notario de Berga, 3ª, para a notaría de Ponteceso (A Coruña).

-Manuel Arturo Vidal Rodríguez, notario de Santa Coloma de Farners, 3ª, para a notaría de Monforte de Lemos (Lugo).

-Álvaro Moure Goyanes, notario de Vigo, 1ª, para a notaría de Santiago de Compostela (A Coruña).

-Juncal Echeveste Carranza, notario de oposición, para a notaría da Cañiza (Pontevedra).

-Javier Manuel Elbo Ferrant, notario de oposición, para a notaría de Ribadavia (Ourense).

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais