Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.897

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para as empresas de José Mauricio Posada Veiga.

Visto o texto do convenio colectivo para as empresas de José Mauricio Posada Veiga (código 2700122), da provincia de Lugo, asinado o día 5 de decembro de 2001, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 17 de decembro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo para as empresas

de José Mauricio Posada Veiga

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo de empresa afecta e vincula as empresas Chocolates Carmiña, Bombones Carmiña e Cafés Las Delicias, propiedade de José Mauricio Posada Veiga e os seus traballadores de Lugo, comprendidos no ámbito funcional da ordenanza laboral para as industrias da alimentación, aprobado por O.M. do 8 de xullo de 1975.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación a tódolos traballadores desas tres empresas, na provincia de Lugo.

Artigo 3º.-Entrada en vigor.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de decembro de 2000 e rematará o 31 de decembro de 2001, con independencia da súa publicación no BOP.

Este convenio queda automaticamente denunciado o día da súa sinatura.

Artigo 4º.-Comisión mixta paritaria.

Créase unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio, formado por catro representantes electos dos traballadores e catro representantes da empresa. Este órgano cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así como o seu seguimento. No caso de non chegarse a un acordo na dita comisión, ámbalas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) de Lugo e a xurisdicción competente.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras concedidas neste convenio teñen o carácter de mínimas dentro das competencias pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen, para o traballador, condicións máis beneficiosas cás que aquí se conveñen, manténdoas ad personam en canto excedan das pactadas.

Artigo 6º.-Retribucións.

Ano 2000: 4%.

Ano 2001: 2%, con cláusula de revisión salarial no exceso do 2%.

Figuran na táboa anexo I e II.

Complementos salariais.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

As empresas afectadas por este convenio aboaranlles ós seus traballadores tres pagas, cada unha delas igual ó salario base e a antigüidade, que se aboarán os días 22 de decembro, 25 de xullo e a terceira, a metade no primeiro trimestre do ano, e a outra parte no mes de setembro.

Artigo 8º.-Aumentos periódicos por antigüidade.

Ó persoal comprendido neste convenio aboaráselle, desde a súa entrada na empresa, trienios cunha porcentaxe que se fixará, para tódalas categorías profesionais, no 6% do salario base pactado. Respectarase, en todo caso, o establecido no artigo 25 do Estatuto dos traballadores.

Indemnizacións non salariais.

Artigo 9º.-Paga por promoción cultural.

Aboarase unha paga igual ó salario base por promoción cultural, que se rateará mes a mes e constará nos recibos de salarios.

Artigo 10º.-Gratificación de transporte.

Establécese unha gratificación de transporte de 9.801 pesetas ó mes para 2000, e de 9.997 pesetas para o ano 2001, incluído o mes de vacacións.

Artigo 11º.-Devengo extrasalarial por accidentes de traballo e enfermidades con hospitalización.

As empresas aboaranlle ó traballador de baixa por ILT por accidente de traballo, logo de presentación do documento acreditativo de baixa e a partir do primeiro día de producirse esta, o 100 por 100 do salario de convenio correspondente.

Tódolos traballadores, logo de presentación da baixa médica, que se encontren hospitalizados, percibirán o 100 por 100 do salario do convenio, todo iso durante o período da súa hospitalización.

Os traballadores que estean de baixa por ILT derivada de enfermidade común máis de 20 días, percibirán o 100 por 100 do salario do convenio a partir do primeiro día de baixa.

Artigo 12º.-Vacacións.

O persoal comprendido neste convenio colectivo desfrutará dun período anual de vacacións durante todo o mes de agosto.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

Con carácter xeral, as empresas suxeitas a este convenio proverán o persoal que polo seu traballo o necesite, de maneira obrigatoria, dúas veces ó ano, de batas, cofias e gorras, fundas e panos, todo isto confeccionado pola empresa.

Artigo 14º.-Axuda por xubilación.

Ó se produci-la baixa na empresa por xubilación ou invalidez, o traballador recibirá:

Cando teña unha antigüidade superior a 10 anos, unha cantidade igual ó salario semanal máis a antigüidade.

Cando teña unha antigüidade superior a 10 anos, unha cantidade igual ó salario de dúas mensualidades máis as antigüidades deses dous meses.

Cando teña unha antigüidade superior a 15 anos, unha cantidade igual a tres mensualidades mailas antigüidades deses tres meses.

Artigo 15º.-Xornada de traballo.

A partir deste convenio, a xornada de traballo será de 40 horas semanais de luns a venres.

En caso de realiza-la xornada continuada, terase no medio da dita xornada media hora para o descanso de bocadillo, tempo que será aboado pola empresa.

Artigo 16º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico indivisible e, para efectos da súa aplicación, serán consideradas globalmente no seu conxunto anual. No suposto de que a autoridade laboral, no uso das súas facultades, non aprobase algún dos pactos contidos neste convenio, as partes asinantes considerarían se é válido por si só o resto do texto aprobado, ou ben se é precisa unha nova negociación en todo o texto.

Artigo 17º.-Cláusula de revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC) establecido polo Instituto Nacional de Estatística rexistrase o 31 de decembro de 2001 un incremento superior ó 2%, contando desde o 1 de xaneiro de 2001, efectuarase unha revisión salarial tan pronto como se constate esta circunstancia, no exceso da cifra indicada.

A revisión salarial aboarase antes do 30 de abril de 2002. Tal incremento será con efectos do 1 de xaneiro de 2001, rectificándose as táboas se salarios deste convenio, engadíndolle-lo aumento da revisión, e estas novas táboas serán as que sirvan como base para a confección da táboa de salarios de 2002.

Artigo 18º.-Permisos.

Serán tres os días de permiso retribuído recollido no punto 3, letra b) do artigo 37 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 19º.-Póliza de seguros.

As empresas afectadas por este convenio subscribirán unha póliza que, por falecemento do traballador/a por accidente laboral, recibirán o seu cónxuxe ou herdeiros legais na cantidade de 1.500.000 pesetas e, en caso de invalidez permanente total ou absoluta, o traballador recibirá 2.000.000 de pesetas.

Artigo 20º.-Modalidades de contratación.

Os contratos formalizados ó abeiro do artigo 15.1º b), cando as circunstancias do mercado, a acumulación de tarefas ou o exceso de pedidos así o esixisen, poderán ter unha duración máxima de trece meses e medio dentro dun período de dezaoito meses.

Artigo 21º.-Atrasos de convenio.

Os atrasos pendentes de aboamento faranse efectivos antes do 30 de abril de 2002, servindo de cálculo para a confección das táboas dese mesmo ano.

Disposición derradeira

De conformidade co que establece o Real decreto lei 14/1982, do 20 de agosto, e para caso de traballadores con 64 anos cumpridos que opten por acollerse á xubilación co 100% dos dereitos, as empresas incluídas neste convenio obrigaranse a substituír a cada traballador que opte pola xubilación por outro traballador que sexa titular de dereito de calquera das prestacións económicas por desemprego ou xove demandante de primeiro emprego, mediante un contrato da mesma natureza có extinguido.

ANEXO I

Táboas salariais 1-1-2000 ó 31-12-2000 (pesetas).

SecciónCategoría profesionalSoldo

base

Salario

anual

FabricaciónEncargado94.1101.505.760

Oficial primeira92.5091.480.144

Oficial segunda88.8321.421.312

Axudante85.1541.362.464

Aprendices70.6801.130.880

AdministraciónXefe administrativo94.1101.505.760

Oficial administrativo92.5091.480.144

Auxiliar administrativo88.8321.421.312

Ordenanza85.1541.362.464

VendasXefe de vendas94.1101.505.760

Inspector de zona92.5091.480.144

Viaxante88.8321.421.312

Repartidor, promotor vendas,

almaceneiro, autovenda

85.1541.362.464

Táboas salariais 1-1-2000 ó 31-12-2000 (euros).

SecciónCategoría profesionalSoldo

base

Salario

anual

FabricaciónEncargado565,619.049,80

Oficial primeira555,998.895,84

Oficial segunda533,998.542,26

Axudante511,798.188,57

Aprendices424,806.796,73

AdministraciónXefe administrativo565,619.049,80

Oficial administrativo555,998.895,84

Auxiliar administrativo533,898.542,26

Ordenanza511,798.188,57

VendasXefe de vendas565,619.049,80

Inspector de zona555,998.895,84

Viaxante533,898.542,26

Repartidor, promotor vendas,

almaceneiro, autovenda

511,798.188,57

ANEXO II

Táboas salariais 1-1-2001 ó 31-12-2001 (pesetas).

SecciónCategoría profesionalSoldo

base

Salario

anual

FabricaciónEncargado95.9921.535.872

Oficial primeira94.3591.509.744

Oficial segunda90.6091.449.744

Axudante86.8571.389.712

Aprendices72.1201.153.920

AdministraciónXefe administrativo95.9921.535.872

Oficial administrativo94.3591.509.744

Auxiliar administrativo90.6091.449.744

Ordenanza86.8571.389.712

VendasXefe de vendas95.9921.535.872

Inspector de zona94.3591.509.744

Viaxante90.6091.449.744

Repartidor, promotor vendas,

almaceneiro, autovenda

86.8571.389.712

Táboas salariais 1-1-2001 ó 31-12-2001 (euros).

SecciónCategoría profesionalSoldo

base

Salario

anual

FabricaciónEncargado576,929.230,78

Oficial primeira567,119.073,74

Oficial segunda544,578.713,14

Axudante522,028.352,34

Aprendices433,456.935,20

AdministraciónXefe administrativo576,929.230,78

Oficial administrativo567,119.073,74

Auxiliar administrativo544,578.713,14

Ordenanza522,028.352,34

VendasXefe de vendas576,929.230,78

Inspector de zona567,119.073,74

Viaxante544,578.713,14

Repartidor, promotor vendas,

almaceneiro, autovenda

522,028.352,34