Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.876

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXANOVA

ANUNCIO de asemblea.

O Consello de Administración de Caixanova, na súa sesión do 21 de marzo de 2002, de conformidade co previsto nos estatutos da entidade e da normativa vixente, acordou convocar asemblea xeral ordinaria. A reunión terá lugar o xoves, día 11 de abril de 2002, na sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova, sito na rúa Policarpo Sanz nº 13, da cidade de Vigo, ás dezaoito horas en primeira convocatoria, e ás dezaoito trinta horas do mesmo día en segunda convocatoria, de acordo coa seguinte:

Orden do día.

1. Confección da lista de asistentes para a determinación do quórum e constitución válida da asemblea.

2. Aprobación, sé é o caso, da xestión do consello, informe anual, balance, conta de resultados e proposta de aplicación de excedentes. Informe da Comisión de Control a este respecto.

3. Aprobación, se é o caso, das liñas xerais do plan de actuación anual.

4. Liquidación do orzamento de obra social 2001 e orzamento para 2002.

5. Informe da Comisión de Control sobre a súa actuación en 2001.

6. Autorización ó consello para a emisión de títulos.

7. Ratificación de nomeamento de cargo no Consello de Administración.

8. Denominación social e modificación estatutaria.

9. Determinación de entidades non fundadoras.

10. Lectura e aprobación, se procede, da acta pola asemblea.

Pídeselles ós conselleiros xerais que acudan coa necesaria anticipación, provistos do documento nacional de identidade, co fin de realiza-lo cómputo de asistentes, de maneira que non se demore o comezo da asemblea, e lémbralles que está á súa disposición na sede central toda a documentación relativa á orde do día.

Vigo, 22 de marzo de 2002.

Os co-presidentes:

Ramón Cornejo Molíns Manuel Bermúdez Couso Manuel Campos Villarino

RubricadoRubricadoRubricado