Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2002 pola que se anuncia concurso para a contratación de diversas obras.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación das obras:

1. Terminación E.P. 0301 A Lama-Ponteverdugo e intersección acceso centro penitenciario (A Lama): 126.720,72 euros.

2. Mellora da seguridade vial no contorno da igrexa de Baiona-Baíña-As Fontes (Baiona): 126.168,56 euros.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 10 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 14 de marzo de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado