Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente pola Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 26 de febreiro de 2002, a forma de adxudicación, mediante concurso, para a contratación da asistencia técnica da prestación do ensino deportivo e servicios complementarios nas instalacións deportivas municipais das Pedreiras e outras instalacións deportivas, por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación, consonte as seguintes características.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expedietne: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a contratación da prestación da asistencia técnica do ensino deportivo e servicios complementarios nas instalacións deportivas municipais das Pedreiras e outras instalacións deportivas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

O prazo máximo do contrato cífrase en 114.076,15 euros anuais, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2.281,52 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Enderezo: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula décima do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo. Oficina de rexistro, ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Enderezo: Ronda da Muralla, 197, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Lugo 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: a apertura de plicas realizaraa, en acto público, a mesa de contratación o terceiro día (agás sábado ou festivo) posterior ó do remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 5 de marzo de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área