Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (4/2002).

A Alcaldía, con data do 12 de marzo de 2002, dictou a seguinte resolución:

1. Incoar expediente para a aprobación do proxecto de compensación do polígono E4.01 Labañou I.

2. Publicar no Diario Oficial de Galicia anuncio que dá inicio ó período de información pública durante o prazo de 20 días, para os efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1093/1997, en relación co artigo 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O que se fai publico para os efectos previstos no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertíndolles ós interesados que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de Xestión do Servicio Municipal de Urbanismo, sito na avda. da Mariña, nº 17, entre as 12 e as 14 horas, de luns a vernes durante o prazo de 20 días a partir da publicación.

A Coruña, 13 de marzo de 2002.

P.D.

Salvador Fernández Moreda