Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

INFORMACIÓN pública.

De conformidade co establecido no artigo 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, infórmase da seguinte licitación para a adxudicación dun contrato administrativo de obra:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Burela.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: urbanización da praza da casa do concello.

b) Lugar de execución: Burela.

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 554.350,31 A.

5. Garantías:

Provisional: por importe de 11.087 A.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Burela. Secretaría.

b) Domicilio: Pardo Bazán nº 6, 27880 Burela (Lugo).

c) Teléfono: 982 58 60 00.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación:

GrupoSubgrupoCategoría

A1C

C6C

G6D

b) Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 11 do prego.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite da presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous sobres pechados.

Sobre A, subtitulado «Oferta económica», conterá a documentación á que se refire a cláusula 11.1 do prego; debe formularse a oferta económica conforme o modelo nesa cláusula detallado.

Sobre B, subtitulado «Personalidade xurídica e xustificantes», conterá a documentación á que se refire a cláusula 11.2 do prego.

c) Lugar de presentación: secretaría do concello, entre as 10 e as 14 horas.

9. Apertura das ofertas:

a) Data: primeiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, non coincidente en sábado.

b) Hora: ás 12 horas, no salón de sesións da casa do concello.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Burela, 12 de marzo de 2002.

P.D.F. (Resolución Alcaldía 8-9-1999)

Cristóbal Edrosa Fernández

Segundo tenente alcalde