Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA BAÑA

ANUNCIO da ampliación do prazo de información pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Pleno deste concello, en sesión que tivo lugar o 13-3-2002, acordou amplia-lo prazo de información pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que foi aprobado inicialmente polo Pleno na sesión do 24-11-2001, en 15 días hábiles, contados a partir da última inserción deste anuncio no BOP, no DOG e no xornal La Voz de Galicia. Durante este período poderá ser examinado por calquera persoa física ou xurídica nas oficinas do concello, en horario de oficina, para formula-las alegacións e observacións que se consideren pertinentes.

A Baña, 14 de marzo de 2002.

José Andrés García Cardeso

Alcalde