Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 25 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores OU-006/2002C e OU-010/2002C, por infracción da Lei de caza.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificaselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoacción de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren alegación algunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no

artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 25 de febreiro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 006/2002C.

Denunciado: Manuel García Fernández.

DNI: 34926453.

Derradeiro enderezo coñecido: avda. de Balaídos, nº 44-3º C. Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: cazar acompañado de tres cans de caza sen acreditar estar en posesión das correspondentes cartillas sanitarias.

Precepto infrinxido: artigo 40 da Lei de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 57.35º da Lei de caza de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 60,10 euros.

Instructora: Miriam Areal López.

Expediente: OU 010/2002C.

Denunciado: Juan Blanco Gómez.

DNI: 76699095-Y.

Derradeiro enderezo coñecido: estrada Tras Canal, nº 199-2º A. Ourense.

Feito denunciado: cazar en zona de caza de réxime cinexético común portando seis cartuchos de bala.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.23º da Lei de caza de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 60,10 euros.

Instructora: Miriam Areal López.