Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello aprobou, o día 23-2-2001, o prego de condicións que rexerá o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para as contratacións que se detallan seguidamente:

-Explotación, conservación e mantemento da EDAR e das mini-EDAR.

-Explotación, conservación e mantemento dos sistemas de cloración.

As unidades están fixadas no prego de condicións. A entrega realizarase no Concello de Nogueira de Ramuín.

Anúnciase simultaneamente o concurso, aínda que se aprazará cando resulte necesario, de se presentaren reclamacións.

Prezo:

Non se sinala. Debe ser ofertado polos licitadores conforme o prego de cláusulas.

Garantías:

-Provisional: 4.808,10 euros (800.000 pesetas).

-Definitiva: será de 9.616,19 euros (1.600.000 pesetas).

-Presentación de proposicións: nos 20 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP/DOG (conta desde a última publicación). Horario: das 9 ás 14 horas de luns a venres no rexistro do concello.

-Apertura de ofertas: abriranse en acto público, ás 12 horas, o día seguinte hábil a aquel no que remate o prazo de 3 días para que se emenden erros na documentación administrativa.

Nogueira de Ramuín, 19 de febreiro de 2002.

José Eugenio Galindo González

Alcalde