Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/473).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Nicaragua, 10-3º esq., A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. Bouzas-Sofán.

Situación: Carballo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.092 m de lonxitude en conductor LA-30, que parte do C.T. Troián e final no C.T. que se vai construír no lugar de Bouzas-Sofán de 50 kVA. Concello de Carballo.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 7 de febreiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña