Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. nº 1 na avda. Ramón Nieto, nº 158.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 36 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un punto da L.M.T. que alimenta o C.T. nº 2 da avda. Ramón Nieto nº 158, ata o C.T. nº 1 que se proxecta na avda. Ramón Nieto nº 158, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 1 de febreiro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra