Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Os Bolos.
Situación: A Estrada.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 3 m de lonxitude, con conductor R.H.Z., desde o apoio onde está instalado o actual C.T. Os Bolos, que se vai desmontar, ata o C.T. que se proxecta nos Bolos, no concello da Estrada, de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 1 de febreiro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra