Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 1 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/24-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre

to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T. avda. de Buenos Aires.

Situación: concello do Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 120 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde un apoio sen numerar da L.M.T. en proxecto ata un apoio s/n a colocar na mesma liña. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 231 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio s/n da L.M.T. Frigolouro-Torneiros ata o C.T. existente de Ponte Valo, na avda. de Buenos Aires, no concello do Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 1 de febreiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra