Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. polígono As Cartas.
Situación: Redondela.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 385 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde un apoio tipo HV-1.000/13 a colocar en substitución dun carril metálico na L.M.T. ATI 7.26, desde o que se realiza a derivación ó C.T. existente Vilar-Infesta, ata o C.T. que se proxecta no polígono As Cartas, no concello de Redondela, de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 25 de xaneiro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra