Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

EDICTO.

Aprobados pola Comisión de Goberno, na sesión do 7 de febreiro de 2002, os pregos de cláusulas administrativas particulares e os pregos de prescricións técnicas que rexerán a contratación, mediante concurso, dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cervo, expóñense ó público polo prazo de oito días naturais, para efectos de exame e reclamacións (que, de non presentarse, se entenderán definitivamente aprobados).

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lei 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións a licitación, aínda que esta se aprazará no suposto de se produciren reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución pola corporación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cervo.

2. Obxecto do contrato.

a) Obxecto do contrato: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cervo.

b) Prazo de execución: vintedous meses.

3. Procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: o orzamento total ascende á cantidade de 102.306,64 euros (17.022.393 pesetas, IVE incluido.

5. Garantías.

Provisional: 2.046,13 euros (340.448 pesetas).

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Cervo. Praza do Concello, 27891 Cervo. Teléfono: 982 55 77 77, fax: 982 55 77 29.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ó da última publicación oficial. Se o último día do prazo fose inhábil, o prazo remataría o día seguinte hábil.

b) Documentación que hai que presentar.

As proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado «Oferta económica e documentación complementaria», que deberá formularse conforme o modelo que figura no anexo I do prego.

Sobre B, subtitulado «Documentación», conterá a documentación sinalada na cláusula 12.2 do prego.

c) Lugar de presentación: na Secretaría do Concello de Cervo ou por calquera dos medios establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8. Apertura de plicas: no salón de sesións do Concello de Cervo, ás dezasete horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, agás o sábado.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Cervo, 11 de febreiro de 2002.

José Insua Pernas

Alcalde-presidente