Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 9 de marzo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro: aprobar definitivamente o estudio de detalle para o desenvolvemento urbanístico mediante o axuste de aliñacións e rasantes xunto coa ordenación de volumes para a parcela de propiedade municipal, sita no núcleo urbano de San Cibrao (Cervo), dentro do recinto actualmente dedicado a campo de fútbol e pistas de atletismo ó instituto de ensino secundario de San Cibrao.

Segundo: proceder á publicación do presente acordo no DOG e no BOP.

Terceiro: comunicarlle ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado do expediente administrativo e dos dous exemplares do documento, en cumprimento do establecido no artigo 48.3º da LSG.

Contra o anterior acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes.

Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo de interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados do día seguinte á notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

Cervo, 11 de marzo de 2002.

José Insua Pernas

Alcalde