Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de exposición pública.

Por resolución da alcaldía do 28-1-2002 amplíase o prazo de información pública dos traballos de avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello, avance no que se contén a estratexia, directrices e obxectivos xerais do planeamento que servirán de base para a súa posterior redacción.

Xa que logo, por prazo de 30 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos diarios no que deba selo (DOG, Diario de Pontevedra e BOP), os particulares e entidades poderán presentar as suxestións que estimen oportunas e as propostas e solicitudes de convenios urbanísticos que entendan procedentes.

faise constar, que, neste novo período de información, inclúense novos planos nº 4.12 e 4.16, que substitúen os anteriores co mesmo número e dos que se deu cumprida conta ó pleno corporativo en sesión do 6-2-2001. As rectificacións refírense a:

-Plano nº 4.12: extensión do solo de núcleo rural na cuadrícula 3ª horizontal (contada de esquerda a dereito) e 2ª vertical (contada da abaixo a arriba). Zona do Valado.

-Plano nº 4.16: extensión do CM-1 (cemiterio de Bueu), nas cuadrículas 2ª e 3ª horizontal (contada de esquerda a dereita) e 2ª vertical (contada de abaixo a arriba). Cemiterio de Bueu.

Bueu, 7 de febreiro de 2002.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde