Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2002 Páx. 3.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 27 de decembro de 2001, acordou someter a información pública por un mes máis o avance do Plan especial de protección do conxunto histórico (A2), durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno, e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que coiden procedentes.

A delimitación do ámbito territorial do dito avance é o seguinte:

A liña de delimitación iníciase en Ponte Ribeira ou cruzamento da rúa do Peregrino co río Sarria, pola marxe esquerda local continúa ata un punto da rúa do Malecón coincidente co nº 15 (cafetería Santiago).

No dito punto, xira 90º cara ó oeste e segue, en aliñación recta, ortogonal ó río Sarria, ata o encontro coa rúa Benigno Quiroga, na inmediación do nº 7 (perruquería Mayca).

Desde aquí segue pola rúa Benigno Quiroga ata a intersección coa rúa Nova.

Segue pola rúa Nova, no seu tramo ortogonal á rúa Matías López e continúa segundo unha liña tanxente e intermedia entre as casas sindicais e o xardín da Casa do Marqués, ata o encontro coa rúa Marqués de Ugena, fronte ó nº 3 (T. Galicia-Ford).

De aquí segue pola rúa Marqués de Ugena ata a intersección coa rúa Vázquez Saco, pola que continúa ata o nº 3 (ferretería Vera) en que xira 90º cara ó oeste e segue por unha liña paralela á citada Marqués de Ugena ata o encontro co camiño lateral da casa da cultura, polo cal continúa ata a intersección coa rúa Miguel de Cervantes.

Continúa pola mencionada rúa Miguel de Cervantes, situada ó norte do predio que alberga a casa da cultura ata a intersección coa rúa Pedro Saco.

Continúa pola citada rúa Pedro Saco ata a intersección coa rúa Nova, pola que segue ata a intersección coa rúa José Antonio.

Segue pola rúa José Antonio, nunha pequena lonxitude, ata o cruzamento con camiño fronte ó nº 10, onde xira 90º cara ó oeste, en disposición paralela á rúa San Lázaro e ortogonal ó río Celeiro.

Continúa pola anterior liña ata un punto de xiro de 90º cara ó sur e en disposición ortogonal á rúa San Lázaro, situado aproximadamente na metade de distancia ó río.

Segue pola liña anterior ata, aproximadamente, un punto intermedio na distancia coa rúa San Lázaro, onde xira 90º ó oeste para dispoñerse paralela á citada rúa San Lázaro ata o encontro co río Celeiro.

Continúa polo río Celeiro ata a Ponte da Áspera.

De aquí continúa, por unha paralela ó camiño de Esqueiredos, ata a inmediación da subestación eléctrica de Unión-Fenosa, no que, mediante xiro de 90º cara ó norte, ascende, cruzando a rampla do cemiterio, ata dispoñerse paralelo á avda. da Mercé, polo seu lateral sur, a unha distancia media de 40 m.

Segue por esta liña paralela á avda. da Mercé ata o encontro co recinto do antigo campo da feira, hoxe mercado comarcal gandeiro, que o incorpora á delimitación na súa totalidade.

No encontro co camiño de Esqueiredos xira cara á rúa Conde de Lemos, pola que discorre en dirección norte ata a súa intersección coa rúa do Castelo, no que xira 90º cara ó este ata o encontro coa rúa dos Fornos de Atrás.

Segue pola mencionada rúa dos Fornos de Atrás ata a súa desembocadura na rúa Pedreiras, pola que discorre ata a intersección coa rúa Benigno Quiroga.

Continúa pola rúa Benigno Quiroga, en dirección sur, nunha lonxitude aproximada de 80 m ata que xira 90º cara ó leste, ó encontro co Cº do Chanto, polo que continúa ata a Ponte Ribeira, onde se iniciou a delimitación.

Sarria, 7 de febreiro de 2002.

Claudio M. Garrido Martínez

Alcalde