Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2002 Páx. 3.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2002 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de pezas de roupa de uniformidade e de traballo con destino ó persoal subalterno, conductores e operarios da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 02/1778 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de pezas de roupa de uniformidade e de traballo con destino ó persoal subalterno, conductores e operarios da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: vestiario de verán e dos servicios agropecuarios: 31 de maio de 2002. Vestiario de inverno: 30 de setembro de 2002.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 47.483 euros, desagregado en 8 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña, teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 11 de marzo de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña