Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2002 Páx. 3.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2002 pola que se concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Estabiliza, Servicios de Ingeniería del Terreno, S.L., con domicilio en Camiño do Castro, número 2-1º C, 36340 Nigrán (Pontevedra).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (dog do 24 de setembro de 1990) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e a proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do servicio de calidade na edificación conforme establecen os artigos 12.h e 18.3.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Concede-la acreditación e a súa inscrición no rexistro de laboratorios de ensaios para o control de calidade da construcción a Estabiliza Servicios de Ingeniería del Terreno, S.L., con domicilio en Camiño do Castro, nº 2-1º, c.36340 Nigrán (Pontevedra), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

ST: Área de toma de muestras inalteradas, ensaios probas in situ de solos, co número 15071ST02.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2002.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director Xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo