Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2002 Páx. 3.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2002 pola que se concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Geonor, Servicios Técnicos, S.L. e para o laboratorio con domicilio no polígono Espírito Santo, rúa Isaac Peral, 27ª, 15650 Cambre (A Coruña).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro de 1990) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do servicio de calidade na edificación conforme establecen os artigos 12 h. e 18.3.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Concede-la acreditación e a súa inscrición no rexistro de laboratorios de ensaios para o control de calidade da construcción a Geonor, Servicios Técnicos, S.L. e para o laboratorio con domicilio no polígono Espirito Santo, r/ Isaac Peral, 27ª, 15650 Cambre (A Coruña), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

SE: Área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo co número 15068SE02.

SE: Área de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos co número 15069ST01.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2002.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Gallego

da Vivenda e Solo