Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2002 Páx. 3.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2002 pola que se renova a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Cye Control y Estudios, S.L. con domicilio no polígono da Gándara, parcela-123, 15407 Narón (A Coruña).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG de 24 de setembro de 1990) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e a proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do servicio de calidade na edificación conforme establecen os artigos 12.h e 18.3.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Renova-la acreditación e a súa inscrición no rexistro de laboratorios de ensaios para o control de calidade da construcción ó Laboratorio Cye Control y Estudios, S.L. con domicilio no Polígono da Gándara, parcela-123, 15407 Narón (A Coruña), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, de 6 de setembro, na área de:

SE: Área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo con número 15041SE02.

SV: Área de solos, areas, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en vías co número 15042SV02.

HA: Área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes. Cemento, areas, auga, aceiro para armaduras, adicionais e aditivos co número 15057HA02.

ST: Área de toma de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos, co número 15058ST02.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2002.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo