Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2002 Páx. 3.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de ponte sobre o río Lérez no lugar de Fentáns, concello de Cotobade (Pontevedra), promovido pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

En cumprimento do disposto no acordo do 6 de marzo de 2002 desta dirección xeral, polo que se establece o procedemento de tramitación de urxencia no procedemento de avaliación de impacto ambiental

do citado estudio, reducíndose á metade os prazos de tramitación, sométese o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia durante o prazo de 15 días.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de ponte sobre o río Lérez no lugar de Fentáns, concello de Cotobade (Pontevedra).

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados un exemplar na seguinte dependencia:

* Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2002.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental