Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2002 Páx. 3.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de proposta de resolución dun expediente sancionador en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada nun expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que considere pertinentes ante o instructor do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

A Coruña, 4 de marzo de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: AC-EP 534/2001.

Denunciada: Elva Fernández Trillo.

DNI/CIF: 3240914-W.

Enderezo: avda. de Fisterra nº 96-3º dta. Cee.

Establecemento: Rincón de Bob.

Precepto infrinxido: 26 e) LO 1/1992.

Precepto sanciondador: 28 LO 1/1992.

Sanción: 300,51 euros.