Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2002 Páx. 3.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/207-2, 5805 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Viesgo Grupo Endesa.

Domicilio social: Medio 12, 39080 Santander.

Denominación: ampliación da subest. Mondoñedo polo Plan Eólico de Galicia.

Situación: Mondoñedo.

Características técnicas: equipamento de dúas posicións da liña de 132 kV, cableados e equipos para mando, medida e protección. Adecuación do control e protección da nova posición no edificio de control da subestación.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 25 de febreiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS