Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2002 Páx. 3.719

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión deliberadora do convenio colectivo do sector de mármores e pedras.

Visto o texto da acta da comisión deliberadora do convenio colectivo do sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-2-2002, subscrito en representeción da parte económica por unha representación empresarial, e, da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., CIG e UGT, co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no DOG e no BOP.

Non é posible acceder ó rexistro da devandita acta por canto aquela non entra dentro dos actos rexistrables recollidos no artigo 2 do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Nembargantes, a teor do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por canto razóns de interese público no que se refire á publicidade para garanti-los dereitos dos traballadores que así o aconsellan, así como segundo o Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 8 de febreiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra.

Acta da 1ª reunión

Asistentes:

CC.OO.:

Marcos González Oliveira.

Amante Campo Lago.

CIG:

Enrique Sánchez Regueiro.

Alberto Fernández Campo.

Agustín González Mojón.

José Ángel Nieto Figueira.

UGT:

José Álvarez dos Santos.

Alfonso Fernández Alfonso.

Manuel Viéitez Gil.

Ramón Carrera Molares.

José Carlos Rodríguez del Río.

Raimundo Lago Otero.

Representación empresarial:

Jesús Maraña Goldar.

José Ángel Lorenzo Ramírez.

Francisco Javier Blanco Silva.

Secretario de actas:

José Manuel Oubel Villanueva.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás 17 horas do día 30 de xaneiro de 2002, reúnense os representantes dos traballadores e dos empresarios, co fin de constituí-la comisión deliberadora do convenio colectivo provincial para o sector de mármores e pedras e inicia-las súas deliberacións. Asisten os señores sinalados anteriormente.

Tralo recoñecemento das partes, en canto á súa representación, estas considéranse representantes propios do ámbito xeográfico e funcional do convenio, polo que, estando a mesa negociadora representada pola maioría absoluta dos traballadores e empresarios da provincia, declárase formalmente constituída a comisión deliberadora.

Como único punto trátase o tema da xornada laboral, recollido no artigo 24 do actual convenio colectivo, que para o ano 2002 será de 1.756 horas efectivas de traballo.

O texto do artigo 24º do convenio relativo á xornada, dirá textualmente: «A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia deste convenio será de 1.756 horas, segundo o calendario laboral anexo».

A mesa negociadora acorda que, para adapta-la xornada ás 1.756 horas acordadas para o ano 2002, os días: 4 horas do 12 de febreiro, 18 de marzo, 26 de xullo, 16 de agosto, 31 de outubro e 24, 30 e 31 de decembro terán a consideración de festivos e non laborables para tódolos efectos.

Ademais dos días sinalados anteriormente, nos seguintes concellos, por coincidi-lo festivo local con día non laborable, fíxanse os seguintes festivos:

Arbo, Caldas de Reis, Gondomar, Mondariz, Tomiño, Vigo e Vilagarcía de Arousa, o 19 de agosto, O Covelo, o 29 de xullo, O Rosal, Salceda de Caselas, Tui, Valga, Vilaboa, A Illa de Arousa, 4 horas do 23 de decembro.

En cada centro de traballo, a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral pactado a nivel convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

Independentemente da xornada fixada, esta queda condicionada á que no seu momento estableza o convenio xeral da construcción.

Acórdase a remisión desta acta á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no DOG e no BOP. Autorízase a José Manuel Oubel Villanueva para levar a cabo as xestións necesarias. Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás 18.30 horas do día arriba indicado.