Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2002 Páx. 3.720

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

DECRETO 81/2002, do 7 de marzo, polo que se crea un centro de atención a persoas maiores en Ribeira (A Coruña).

O artigo 27.23º do Estatuto de autonomía de Galicia, en concordancia co artigo 148.1º 20 da Constitución española, establece a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma no ámbito da asistencia social.

En virtude desa atribución competencial, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, pola que se ordenan e regulan os aspectos básicos dun sistema integrado de servicios sociais como servicio público da Comunidade Autónoma de Galicia, estructurado en dous niveis de atención: primaria e especializada.

A dita norma veu regula-los servicios sociais de atención especializada dirixidos ó colectivo de persoas maiores e establecer determinados programas e equipamentos, entre os que figuran as residencias e os centros de atención diúrna, encamiñados a acada-la atención integral, a autonomía persoal e a participación social deste sector poboacional.

En desenvolvemento da lei e co fin de garanti-la adecuada prestación dos servicios, controla-la calidade da atención e recoñece-los dereitos e deberes dos usuarios, aprobouse o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, de autorización e acreditación de centros de servicios sociais. Esta disposición regula a obrigatoriedade de obter autorización administrativa previa para a creación ou modificación dos equipamentos sociais así como para o inicio ou cesamento das súas actividades, especificando os requisitos xerais que eles deben cumprir.

Neste sentido, segundo o disposto no artigo 29 da Lei 4/1993, de servicios sociais, e o artigo 6 do Decreto 243/1995, para a creación de centros de servicios sociais propios da Administración autonómica, será necesaria unha norma con rango de decreto.

En consecuencia, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de marzo de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-Créase un centro residencial para persoas maiores no concello de Ribeira (A Coruña).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a conselleira de Asuntos Sociais para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de marzo de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Corina Porro Martínez

Conselleira de Asuntos Sociais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA