Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (335/2001).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 1 de febreiro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno, por unanimidade, acordou:

1. Estimar integramente as alegacións presentadas por Alfonso e José Gil de la Iglesia e por Delmiro Domínguez González, mantendo en consecuencia no referente ás parcelas da súa propiedade a delimitación aprobada no seu día no PERI do núcleo histórico e desestima-la presentada por José Fernández Domínguez, conforme os informes técnico e xurídico emitidos no expediente en datas 22 e 29 de xaneiro de 2002, respectivamente, que se trasladarán ós interesados para os efectos de motivación. E

2. Aprobar definitivamente, de oficio, o proxecto de modificación da delimitación do polígono UE-2 do PERI do núcleo histórico de Ourense, coas modificacións sinaladas no parágrafo primeiro do presente acordo.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 111 do Regulamento de xestión e demais artigos de aplicación.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 15 de febreiro de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde