Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.670

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO das bases específicas da convocatoria dunha praza de garda da policía local.

A alcaldía-presidencia, con data do 24 de xaneiro de 2002, aprobou as bases específicas para a provisión dunha praza de funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase garda da policía local, grupo D, incluída na oferta de emprego público para o 2000, que se engaden a seguir deste anuncio.

O proceso selectivo rexerase ademais polas bases xerais das convocatorias para cubrir prazas de funcionarios e persoal laboral fixo, aprobadas polo pleno o 26 de xaneiro de 1996 publicadas no BOP do 3 de abril e no DOG do 25 de abril.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Nigrán, 24 de xaneiro de 2002.

José M. Rial Cadaval

Alcalde

Bases específicas

Asunto: convocatoria dunha praza de garda da policía local.

Nº expediente: 2001/007c.

Trámite: bases específicas.

I. Obxecto da convocatoria: é obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade dunha praza

de garda da policía local vacante na cadro de persoal do concello e dotada coas retribucións básicas e complementarias que figura nela. Pertencente á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, categoría de garda, grupo D, nivel 18, e incluída na oferta de emprego público do ano 2000, publicada no BOP do 5 de maio.

II. Sistema de selección: establécese o sistema de oposición libre.

O procedemento selectivo rexerase, ademais de polo disposto nas presentes bases, polo previsto nas bases xerais aprobadas por acordo plenario do 26 de xaneiro de 1996 e publicadas no BOP do 3 de abril, e no Diario Oficial de Galicia do 25 de abril e polo disposto na Decreto 204/2000, polo que se refunde a normativa vixente en materia de coordinación de policías locais.

III. Requisitos dos aspirantes: ademais dos xerais para o acceso á función pública local, deberá acreditarse o cumprimento dos seguintes requisitos para tomar parte nas probas:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos os 18 anos e non supera-los 30, ambas datas referidas á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

c) Posuí-lo título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

d) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

e) Ter unha estatura mínima de 1,65 metros as mulleres e de 1,70 metros os homes.

f) Ser titular do permiso de conducir de clase B-1.

g) Compromiso de portar armas e, de se-lo caso, chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.

h) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.

i) Non estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas, nin separado do servicio das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.

j) Ter ingresado na tesourería do concello a cantidade fixada como dereitos de exame.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e mantelos ata o momento do nomeamento como funcionario de carreira, se é o caso.

IV. Publicidade da convocatoria: o texto íntegro destas bases publicarase no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no taboleiro de edictos da casa do concello sen prexuízo da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

V. Presentación de solicitudes: as instancias nas que se solicita tomar parte nas probas selectivas convocadas dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Nigrán, axustándose as seguintes normas:

a) Acompañarase da fotocopia do DNI por ámbolos dous lados e xustificante de ingreso dos dereitos de exame.

b) Nas solicitudes deberán manifestar que reúnen todos e cada un dos requisitos sinalados nas presentes bases, así como comprometerse a presta-lo xuramento ou promesa regulamentaria.

Así mesmo deberán facer constar, para os casos nos que así se esixa, a súa conformidade para a realización dos exames médicos que se esixan para o acceso ás prazas convocadas, así como a presenta-lo compromiso de portar armas e, se é o caso, facer uso delas, de conformidade con previsto no artigo 3.2º g) do Decreto 204/2000, da Xunta de Galicia.

A presentación de instancias poderá facerse no rexistro xeral do concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os aspirantes quedarán vinculados pola presentación de instancias, polo que non se admitirá ningunha devolución de dereitos de exame salvo que sexan excluídos definitivamente da relación de admitidos por incumprimento das condicións esixidas. Neste caso, deberá formular petición expresa de reintegro dos dereitos de exame no prazo máximo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da lista de admitidos definitivamente.

VI. Admisión de aspirantes: rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución na que aprobe a lista de admitidos e excluídos, cos motivos da exclusión, así como o lugar e data do primeiro exercicio da oposición e a designación do tribunal cualificador, que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos do concello, concedéndose un prazo de dez días hábiles para alegacións, abstención e recusación dos membros do tribunal, todo iso de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro. A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario o procedemento quedará en suspenso ata a resolución definitiva en vía administrativa.

VII. Probas: a oposición constará de catro exercicios de carácter obrigatorio. Con carácter previo ó comezo deles, realizarase a práctica de control de estatura e demais medidas antropométricas dos aspirantes.

Primeiro exercicio: proba de aptitude física, será a adecuada para compraba-la existencia da capacidade necesaria para as funcións que se van realizar e cualificarase con apto ou non apto.

Consistirá na superación das probas físicas que se especifican no anexo I. A puntuación final mínima deberá ser de 20 puntos, sendo cualificados como non aptos os aspirantes que non acaden esa puntuación e tamén os eliminados en calquera das probas, segundo o prevido no citado anexo I.

Segundo exercicio: constará de dúas partes:

-Primeira: proba psicotécnica que estará dirixida a determina-la aptitude psicolóxica e adecuación á función policial que se vai desempeñar. Cualificarase como apto ou non apto.

-Segunda: proba de coñecementos xerais que consistirá na contestación por escrito, nun tempo máximo de sesenta minutos, a dous temas extraídos ó chou de entre os que figuren no programa anexo á convocatoria, un de cada parte. O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 5 puntos.

Terceiro exercicio: constará de dúas partes:

-Primeira: proba de idioma galego que consistirá na traducción ó galego dun texto en castelán proposto polo tribunal. Tempo máximo 30 minutos. Esta proba, que terá carácter eliminatorio, cualificarase de 0 a 4 puntos, sendo necesario para superala obter un mínimo de 2 puntos.

-Segunda: proba práctica que consistirá en contestar por escrito, nun tempo máximo de sesenta minutos, a un suposto práctico sobre intervención policial e confección dos correspondentes partes. Este exercicio lerase polos aspirantes ante o tribunal que poderá dialogar cos opositores sobre o contido do mesmo durante un período máximo de dez minutos. Esta proba cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superala obter un mínimo de 5 puntos.

Cuarto exercicio: consistirá na superación dun recoñecemento médico e cualificarase como apto ou non apto. A modo orientativo, inclúese como anexo III un cadro de exclusións médicas.

VIII. Tribunal cualificador: o tribunal cualificador estará composto da seguinte forma:

Presidente: o da corporación ou membro desta en que delegue.

Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia designado pola consellería competente por proposta da Academia Galega de Seguridade, de entre os profesionais de policía local de Galicia.

Un funcionario de carreira con responsabilidade na área designado polo presidente da corporación.

Un representante do persoal do concello nomeado polos delegados de persoal.

Un técnico ou especialista na materia, preferentemente funcionario da corporación.

Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

IX. Nomeamento como funcionario en prácticas:

O aspirante proposto polo tribunal, despois de cumpri-los requisitos formais que establece a convocatoria, será nomeado funcionario en prácticas, e deberá superar un curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

Os aspirantes que non superen o curso selectivo de formación perderán tódolos dereitos a ser nomeados funcionarios de carreira.

ANEXO I

Probas físicas para o acceso a garda da policía local

(Para realizar pola orde que se relaciona)

1. Salto de lonxitude cos pés xuntos (sen carreira).

Saltar cara a diante, impulsando cos pés xuntos. Permitirase o balanceo de pés de talón a metatarso sen perde-lo contacto co chan dun dos pés antes do salto. Tomarase a medida, desde a liña de inicio ata o sinal máis atrasado do salto. Pódense facer dous intentos.

2. Flexións de brazos co corpo suspendido en barra horizontal.

Coas palmas das mans cara a diante e cunha separación entre elas do longo dos ombros. Partindo desde a posición de brazos estirados deberá supera-la barbela á barra. Pódese facer só un intento.

3. Carreira de 50 metros (velocidade).

En pista ou pavimento compacto con saída en pé. Só un intento.

4. Carreira de resistencia, 1.000 metros.

En pista ou pavimento compacto con saída en pé. Só un intento.

Sistema de cualificación dos exercicios

Mulleres

Resultados:

CualificaciónSalto de

lonxitude

(metros)

Flexión brazos

(número)

Carreira 50 m

(tempo)

Resistencia

1.000 m

(tempo)

Eliminación1,90 ou menos5 ou menos8''4 ou máis4,20 ou máis

31,91/1,9568''3 4,15/4,19

41,96/2,0078''2 4,10/4,14

52,01/2,0588''1 4,05/4,09

62,06/2,1098''0 4,00/4,04

72,11/2,15107''9 3,55/3,59

82,16 ou máis11 ou máis7''8 ou menos3,54 ou menos

Homes

Resultados:

CualificaciónSalto de

lonxitude

(metros)

Flexión brazos

(número)

Carreira 50 m

(tempo)

Resistencia

1.000 m

(tempo)

Eliminación2,25 ou menos10 ou menos7''3 ou máis3,26 ou máis

32,26/2,30117''2 3,21/3,25

42,31/2,35127''1 3,16/3,20

52,36/2,40137''0 3,11/3,15

62,41/2,45146''9 3,06/3,10

72,46/2,50156''8 3,01/3,05

82,51 ou máis16 ou máis6''7 ou menos3,00 ou menos

ANEXO II

Programa

Parte xeral.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios constitucionais. A división de poderes: lexislativo, executivo e xudicial. A Coroa.

Tema 2. A organización do Estado. A administración central e periférica do Estado. Os organismos autónomos.

Tema 3. Organización territorial do Estado: as comunidades autónomas.

Tema 4. Institucións e dereito básico de Galicia.

Tema 5. A Administración local española. A provincia. O municipio. Outras entidades locais. Elementos constitutivos do municipio: poboación, territorio e organización.

Tema 6. O concello. Competencias. Órganos de goberno. O Concello de Nigrán. A súa organización interna, distribución de competencias, situación das súas dependencias.

Tema 7. O regulamento: concepto e clases. Límites da potestade regulamentaria. Especial consideración da potestade regulamentaria municipal: ordenanzas e bandos.

Tema 8. Persoal ó servicio da Administración pública: clases, dereitos, deberes e responsabilidades. Situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

Tema 9. O cidadán ante a Administración. Dereitos do cidadán no seu trato co concello. O funcionario ó servicio do público.

Tema 10. Coñecemento do municipio de Nigrán. Principais aspectos da súa historia, xeografía, cultura e festexos.

Tema 11. Coñecemento do municipio de Nigrán. Principais aspectos urbanísticos, as súas rúas, monumentos, prazas. Situación dos seus principais edificios públicos.

Tema 12. O Código Penal e a Lei de axuizamento criminal.

Parte especial.

Tema 13. Normativa de seguridade vial. Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo. O Código de Circulación: concepto, estructura e extensión. Competencias administrativas en materia de tráfico.

Tema 14. Normas de comportamento na circulación. Especial referencia ó réxime de parada e estacionamento. Limitacións na circulación.

Tema 15. Os sinais de circulación. Preeminencias. Clases. Sinais dos gardas de circulación.

Tema 16. Matriculación de vehículos. Permisos de circulación. Duplicados. Transferencias. Circulación en proba e en transportes con permiso temporal. Matrícula turística. Inspección técnica.

Tema 17. Permiso de conducción. Clases. Requisitos para a súa obtención. Revisións. Duplicados. Suspensión. Licencias de conducción.

Tema 18. Condicións técnicas dos vehículos para circular polas vías públicas.

Tema 19. Estudio da circulación urbana na normativa de seguridade vial.

Tema 20. Alcoholemia. Estudios especiais dos preceptos contidos na normativa de seguridade vial.

Tema 21.O transporte de mercadorías perigosas. Concepto e regulamentación especial. Transporte de viaxeiros e mercadorías: estudio dos principais preceptos contidos na normativa de seguridade vial e na lexislación de transportes.

Tema 22. Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade: ideas xerais.

Tema 23. Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá: ideas xerais.

Tema 24. As ordenanzas municipais.

ANEXO III

Cadro de exclusións médicas

1. Obesidade-delgadeza.

Obesidade ou delgadeza manifestas que dificulten ou incapaciten para o exercicio das funcións propias do cargo.

2. Ollo e visión.

-Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal nos dous ollos.

-Queratomía radical.

-Desprendemento de retina.

-Estrabismo.

-Hemianopsias.

-Discromatopsias.

-Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal, dificulte de maneira importante a agudeza visual.

3. Audición.

Déficit auditivo que supoña unha perda maior de 30 decibelios nas frecuencias comprendidas entre 500 e 3.000 hertzios, ou de 45 decibelios a 4.000 hertzios nos dous oídos; ou patoloxía que, a xuízo do tribunal, poida limita-lo desempeño do posto de traballo.

4. Outras exclusións.

-Aparello locomotor: alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función policial, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal, co desempeño do posto de traballo (patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

-Aparello dixestivo: hepatopatías e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal, dificulte o desempeño do posto de traballo.

-Aparello cardiovascular: hipertensión arterial de calquera causa, non debendo sobrepasar as cifras de repouso dos 145 mm/Hg en presión sistólica, e os 90 mm/Hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, arritmias extrasinusais, isquemia miocárdica e calquera outra patoloxía, lesión ou bloqueo das conduccións que, a xuízo do tribunal, poida limita-lo desempeño do posto de traballo.