Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PALAS DE REI

ANUNCIO.

Para dar cumprimento ó disposto no artigo 70.2º da Lei reguladora das bases de réxime local e 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise pública a aprobación definitiva do Plan parcial do parque empresarial de Palas de Rei, promovido por instancia de Xestur Lugo, acordada polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria do día 7 de marzo do ano 2002, recolléndose a continuación a parte dispositiva do acordo que se adoptou:

Primeiro.-Desestima-las alegacións formuladas polo grupo municipal socialista de Palas de Rei e por Amparo Viña Varela, na fase de exposición pública, con base no informe do arquitecto técnico municipal.

Segundo.-Prestar aprobación definitiva ó Plan parcial do parque empresarial de Palas de Rei, promovido por instancia de Xestur Lugo.

Terceiro.-Levanta-la suspensión de licencia de parcelación de terreos, edificación e demolición na totalidade do sector que comprende este plan parcial.

Cuarto.-Dar cumprimento ó disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para os efectos da súa vixencia.

Palas de Rei, 11 de marzo de 2002.

O alcalde

Rubricado