Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de febreiro de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de resolución de arquivo dictada en relación cos expedientes e interesados que no anexo se relacionan, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal nos domicilios dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas que se relaciónan no anexo a resolución do delegado provincial da CPTOPV, pola que se acorda o arquivo das actuacións sen máis trámite.

Contra a citada resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da citada lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Visto o expediente promovido por vostede para a construcción de vivendas de protección oficial nese concello e,

Resultando: que o expediente foi cualificado provisionalmente concedéndolle un prazo de execución das obras de 30 meses.

Resultando: que mediante requirimento, apercibiuse o interesado/a sobre a declaración de caducidade do expediente, de non cumpri-las prescricións que determina a normativa sobre vivendas de protección oficial.

Considerando: que transcorrido o prazo de 3 meses concedidos para o efecto e ó non acreditarse que presentara a solicitude de cualificación definitiva, así como a documentación complementaria dela, non se cumpriu o establecido non artigo 17 do Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro.

Considerando: que cumpridos os requisitos que determina o artigo 92.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se produciu a paralización do expediente por causa imputable ó promovente, sen que conste tampouco que se solicitara prórroga ningunha por causa xustificada.

Resolvo: no exercicio das atribucións que me están conferidas, declara-la caducidade do expediente e, en consecuencia, proceder ó arquivo das actuacións».

Pontevedra, 8 de febreiro de 2002.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-P-0002/96.

Interesado: Luis Coego Montoto.

Último enderezo coñecido: r/ Alta, nº 9 (Pontevedra).

Intentos de notificación persoal: o 5-10-2001 ás 11.30 h.

Expediente: 36-P-0059/96.

Interesada: Ovidia Lorenzo Barreiro.

Último enderezo coñecido: r/ Fomento, 39, 1º esquerda (Cangas de Morrazo).

Intentos de notificación persoal: o 10-10-2001 ás 13.30 h.

Expediente: 36-P-0111/96.

Interesado: Valentín Abelendo Rodríguez.

Último enderezo coñecido: Fonsín, 12, Baión (Vilanova de Arousa).

Intentos de notificación persoal: o 5-10-2001.

Expediente: 36-P-0165/96.

Interesado: Isaac Riveiro Otero.

Último enderezo coñecido: r/ Cervantes, nº 4, 4º (Vilagarcía de Arousa).

Intentos de notificación persoal: o 5-10-2001 ás 14 h.

Expediente: 36-P-0174/96.

Interesado: Juan M. Fernández Guiaranes.

Último enderezo coñecido: r/ Otero Pedrayo (Nigrán).

Intentos de notificación persoal: o 9-10-2001 ás 11 h.

Expediente: 36-P-0189/96.

Interesado: José C. Esperón Romay.

Último enderezo coñecido: San Roque, 36, baixo interior (Vilagarcía de Arousa).

Intentos de notificación persoal: o 8-10-2001 ás 10 h.

Expediente: 36-P-0199/96.

Interesado: Celso E. Pereira Pérez.

Último enderezo coñecido: Escolas Públicas, nº 46, 2º (Vigo).

Intentos de notificación persoal: o 6-10-2001.