Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 14 de febreiro de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se notifican resolucións de contratos por falta de pagamento das vivendas (con solicitude de regularización) ós debedores que se relacionan (expediente C-81/050, conta 183).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó abeiro do artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícase ós interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado por nº de expediente e conta) que a seguir se relacionan, as resolucións dos con

tratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan.

A resolución firme do contrato leva consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no R.D. lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción. E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 14 de febreiro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

José R. Cartelle García e herdeiros.

Expediente C-81/050 (desafiuzamento F.P. 86/01).

Conta 183.

r/ Colón, bloque 4, P-1, baixo (Ferrol).

Importe débeda: 14.118,37 euros.