De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 306/2001, do 15 de decembro (DOG do 6-2-2002), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.
Lugo, 21 de xaneiro de 2002.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: P-148/2001.
Denunciado: Indalecio Diéguez González.
DNI: 33830163-S.
Enderezo: Lugar Fervedoira, nº 8. Lugo.
Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial, no couto sen morte de Valdriz, sen permiso e sen licencia de pesca, así como empregar culleriña con dous anzois sen limar. Feitos constatados o día 14-7-2001, ás 14 h no río Neira. A Pobra de San Xiao. Lugo.
Precepto sancionador: 34.1º; 34.10º; 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.
Cualificación da sanción: menos grave.
Sanción: 390,66 euros.
Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para a práctica deste deporte por un período dun ano.