Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-161/2001, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 306/2001, do 15 de decembro (DOG do 6-2-2002), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 21 de xaneiro de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-161/2001.

Denunciado: Antonio Castro Fernández.

DNI: 76560394-H.

Enderezo: r/ Urraca, nº10-4º A. Valladolid.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial, nun tramo acoutado (couto de Becerreá-río Navia), sen estar en posesión do permiso regulamentario, capturando unha troita de 22 cm. Feitos constatados o día 2-8-2001, ás 21 h no Torallo. Becerreá. Lugo.

Precepto sancionador: 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: menos grave.

Sanción: 300,51 euros.

Indemnización: por danos e perdas de 30,05 euros.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para a práctica deste deporte por un período dun ano.