Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Pontevedresa de Transporte de Viajeros en Autobús (Apotráns).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Pontevedresa de Transporte de Viajeros en Autobús (Apotráns), que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: provincial.

Profesional: tódolos concesionarios dun servicio público regular de viaxeiros que teñan toda ou parte da súa actividade na provincia de Pontevedra, ou titulares de autobús con tarxeta de transporte discrecional con domicilio na dita provincia.

Asinan a acta de constitución: Edelmiro Cuíña Vence e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 20 de febreiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra