Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2002, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona acordo de denegación da devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria, pendente de notificar, e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Alpoén, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de denegación da devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria , pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta

delegación territorial, con domicilio na rúa Concepción Arenal nº 8-3º planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 15 de febreiro de 2002.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesado: Alpoén, S.L.

NIF: B32180135

Paralela a Manuel Murguía, 21 Ourense.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expediente: 8607/1994.

Nº dev.: 196/1999.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA