Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.653

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (314/2001).

Eu, Mónica Sánchez Romero, xuíza de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Arzúa, fai saber que neste xulgado e co número 314/2001 se segue, por instancia de Bernardina Lorenzo Pérez, expediente para a declaración de ausencia de José González Varela, natural de Toques, con domicilio en Toques, nacido o día 5-11-1957, fillo de José e de Balbanera, de estado civil casado, quen se ausentou do seu último domicilio sen que se tiveran noticias del desde o día 24 de xuño de 1998, ignorándose o seu paradoiro. O que se fai público para que os que teñan noticias do desaparecido poidan poñelas en coñecemento no xulgado.

Arzúa, 9 de novembro de 2001.

A xuíza

Rubricado

O/a secretario/a

Rubricado