Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.653

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (82/2001).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co número 82/2001, se acordou, por Resolución do 15 de febreiro de 2001, a citación de Elvira Vilela Arias mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar número 82/2001, que se seguen neste xulgado, se acordou citar a Elvira Vilela Arias, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 21 de marzo, ás 12.05 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoa de que, de non o verificar, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, 15 de febreiro de 2002.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE ARZÚA