Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.652

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2002 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela, en virtude de probas selectivas pola quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas para a reforma da función pública.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para ingreso na escala auxiliar, pola quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas para a reforma da función pública, e verificada a posesión dos requisitos esixidos na base 2 da convocatoria.

O rector, de conformidade co disposto no artigo 78 n) dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo.-Para a adquisición da condición de funcionario de carreira, os interesados prestarán xuramento ou promesa de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Terceiro.-A toma de posesión deberán efectuala perante este rectorado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión deberán realiza-la declaración á que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade no artigo 10 da Lei 53/1984.

Quinto.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e ss. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2002.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala Auxiliar de Universidade de Santiago de Compostela

Nº OrdeDNIApelidos e nome

133.217.829Juanatey Mayán, María Pastora Manuela

235.258.018Goldar Durán, María del Carmen

334.597.145Vázquez Paz, Olga María Jesús

476.355.337Grille Cornes, María del Carmen

533.235.311Veiga Álvarez, María Elena

633.204.926Seijas Carril, José Ramón

735.421.619Sangiao Carballo, Josefina

834.932.087Otero López, María Vega

934.573.358De las Cuevas Villar, Mercedes

1032.752.800Rodríguez Díaz, María Rosa

1133.260.469Blanco Calvo, María Lourdes

1232.439.157Rodríguez Martínez, Lucía

1333.253.946Barcia García, María del Carmen

1433.855.952Cadenas Pérez, María del Carmen

1533.858.030Díaz Blanco, María Margarita

1632.645.214Pita Caínzos, Elisa Ana