Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2002, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de alternativa norte á C-550 na Ponte da Barca, Poio-Pontevedra, clave: PO/99/49.1, nos concellos de Poio e Pontevedra.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras para realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.

Con data 16 de febreiro do 2001, procédese á aprobación do proxecto de construcción das obras: alternativa norte a C-550 na Ponte da Barca, Poio-Pontevedra, clave: PO/99/49.1, nos termos municipais de Poio e Pontevedra polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 27 de agosto de 2001, a Xunta de Galicia procedeu a declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 210/2001, publicado no DOG nº 183, do 20 de setembro de 2001.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro do 1954 e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa Consistorial do Concello de Poio.

DíaMesHorasNº parcelas

9abril10 a 1401 a 49 ambos inclusive

9abril16 a 1950 a 79 ambos inclusive

10abril10 a 1480 a 129 ambos inclusive

10abril16 a 19130 a 159 ambos inclusive

11abril10 a 14160 a 209 ambos inclusive

11abril16 a 19210 a 241 ambos inclusive

Casa Consistorial do Concello de Pontevedra.

DíaMesHorasNº parcelas

15abril10 a 14242 a 290 ambos inclusive

15abril16 a 19291 a 320 ambos inclusive

16abril10 a 14321 a 370 ambos inclusive

16abril16 a 19371 a 400 ambos inclusive

17abril10 a 14401 á derradeira

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos de Poio e Pontevedra e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Pontevedra (San Roque, s/n) 36000 Pontevedra.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Pontevedra, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 18 de marzo de 2002.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe Provincial de Estradas de Pontevedra