Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.642

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se aproba e se fai público o novo modelo de plan de labores de actividades mineiras.

Unha das principais funcións da Administración en materia mineira é garantir un axeitado aproveitamento dos recursos minerais, así como o control do cumprimento da normativa en materia de seguridade e saúde, e o do respecto ó ambiente. Para a realización deste labor é de grande importancia o contido do plan de labores que se presenta anualmente.

A estructura básica do plan e os datos que nel figuran deben adecuarse ós cambios que continuamente se veñen producindo, tanto polo progreso das técnicas da explotación mineira como pola constante evolución da normativa de aplicación nestas actividades. Co fin de adapta-lo actual modelo de plan de labores ás novas necesidades, emprende acomete-la súa revisión.

Por outra banda, co fin de incrementa-la calidade do servicio que presta a Administración, debe ser potenciado o emprego das novas tecnoloxías da información.

En consecuencia, o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, de conformidade co disposto nos artigos 18.2º e 70.2º da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e nos artigos 31.2º e 92.3º do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minería,

RESOLVE:

Aproba-lo novo modelo de plan de labores para as explotacións de recursos mineiros das seccións A), C) e D) da Lei de minas.

Este modelo e o programa informático que permite a súa redacción atópase ó dispor dos directores facultativos nas delegacións provinciais e nos servicios centrais desta consellería, así como na súa páxina web (http://www.xunta.es). No anexo á presente resolución xúntanse as instruccións para a súa redacción.

Para a aprobación do plan de labores deberán presentaranse catro exemplares en formato papel, e un exemplar en formato dixital, que deberá conte-los arquivos xerados polo antedito programa.

A presentación do plan de labores segundo novo modelo será obrigatorio a partir do 31 de maio do presente ano.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes desde o día seguinte

ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Instruccións para a redacción do plan de labores.

1. Deberá ser redactado e asinado polo director facultativo.

2. Presentaranse catro exemplares do conxunto de documentos, debidamente encadernados, e unha copia do disco co arquivo xerado polo programa informático.

3. No caso de explotacións das seccións C) e D), presentarase dentro do mes de xaneiro de cada ano, e para a sección A), antes do 1 de marzo, na delegación provincial que lle corresponda.

4. Xuntaranse os seguintes planos e esquemas:

a) Plano de situación. Escala 1:50.000 ou 1:25.000.

b) Plano de dereitos. Incluirá as concesións (seccións C) e D)) e o perímetro autorizado dos terreos, propios e arrendados, así como os perímetros da explotación, instalacións, entulleiras, etc. Escala 1:5.000, ou a que corresponda segundo o estipulado no artigo 70.4º do Regulamento xeral para o réxime da minería.

c) Plano de labores actualizado, detallando os labores efectuados durante o ano anterior e os previstos para o ano en curso. Amosará ademais os límites das concesións (seccións C) e D)), e os perímetros dos predios autorizados. Escala 1:500, 1:1.000 ó 1:2.000. Conterá unha base topográfica con curvas de nivel cada metro, agás que excepcionalmente se autorice expresamente un intervalo maior. Amosará captacións e verteduras de augas, liñas de transporte e distribución de enerxía eléctrica, de telefonía, etc.

d) Perfís xerais.

e) Perfís de cubicación, con indicación da superficie de referencia empregada.

f) Plano de restauración.

g) Plano de conxunto. Incluirá balsas, depósitos de lodos, entulleiras e instalacións. Poderá considerarse como plano de conxunto o descrito en c) se inclúe os elementos aquí descritos e non afecta a escala de representación do plano de labores.

h) Plano de instalacións de preparación mecánica, naves de elaboración ou outros establecementos de beneficio. Diagrama de fluxo de materiais e productos.

i) Esquema da ventilación.

j) Esquema da instalación eléctrica.

k) Outros.

5. O plan de labores incluirá os seguintes informes, memorias e documentos:

5.1. Informe do director facultativo.

Ampliaranse ou comentaranse os datos máis característicos da explotación, sinalando especialmente as causas das desviacións producidas respecto ás previsións, as medidas adoptadas para diminuí-lo risco de accidentes, e os problemas que se advirtan de tipo técnico, social e económico.

Indicarase o criterio seguido para o cálculo de reservas.

Seguirá o seguinte esquema:

A. Informe sobre o estado xeral da explotación e o establecemento de beneficio.

A.1. Xeral.

A.2. Noiros.

A.2.i. Metodoloxía de vixilancia e control en cada unha das áreas de explotación.

A.2.ii. Control hidroxeolóxico.

A.2.iii. Observacións e indicacións.

A.3. Entulleiras.

A.3.i. Metodoloxía de vixilancia e control.

A.3.ii. Tipo de drenaxe e incidencias.

A.3.iii. Observacións e indicacións.

A.4. Balsas e presas de decantación e de residuos.

A.4.i. Metodoloxía de vixilancia e control.

A.4.ii. Destino dos lodos.

A.4.iii. Observacións e indicacións.

A.5. Establecemento de beneficio.

A.5.i. Localización. Data de autorización, se é distinta da do proxecto inicial de explotación.

A.5.ii. Materias primas tratadas. Producción do ano. Residuos e o seu destino.

A.5.iii. Modificacións do proceso efectuadas durante o ano.

A.5.iv. Observacións e indicacións.

B. Informe sobre seguridade e saúde laboral.

B.1. Valoración sobre o cumprimento de medidas de seguridade e saúde.

B.2. Informe sobre condicións ambientais e loita contra o po, resumo da memoria que se presenta como anexo.

B.3. Ruído.

C. Restauración e condicións ambientais impostas.

D. Aspectos administrativos e outros.

6. Xuntaranse os seguintes anexos:

6.1. Informe ambiental anual.

O anexo ambiental será enviado á consellería competente en materia de ambiente, nos casos nos que sexa preceptivo, por establecelo unha declaración de efectos ou de impacto ambiental, como informe

ambiental anual. Presentaranse dúas copias encadernadas por separado, unha delas para o seu envío á consellería competente en materia de ambiente.

O contido deste informe, ademais das particularidades que poida conte-la declaración de efectos ou de impacto ambiental de cada explotación, será o seguinte:

A. Memoria de vixilancia ambiental.

A.1. Memoria.

A.1.i. Antecedentes.

A.1.ii. Datos xerais da explotación.

A.1.iii. Descrición do estado da explotación. Breve descrición do estado da explotación, con especial mención do cumprimento do proxecto inicial conforme a planificación prevista. Descrición de imprevistos. Dirección de avance da explotación.

A.1.iv. Superficie alterada.

A.1.v. Entulleiras.

A.1.vi. Drenaxe e desaugamento.

* Balsas de decantación e canais.

* Producción e destino os lodos.

* Analítica da auga no punto de vertedura.

* Outros sistemas de depuración: filtros, tanques, etc.

A.1.vii. Ruído. Medidas adoptadas para a súa atenuación en caso de supera-los límites marcados pola lexislación.

A.1.viii. Po.

* Cantidade de partículas sedimentables recollidas nos puntos de mostraxe.

* Descrición das medidas adoptadas para evitar que se superen os límites legais.

A.1.ix. Residuos. Xestión efectuada deles.

A.1.x. Restauración.

* Labores de mantemento da cuberta vexetal instaurada: rega, sementeiras, fertilizacións, etc.

* Descrición de imprevistos con respecto á planificación proposta no proxecto inicial.

A.2. Anexos:

A.2.i. Ficha de datos do seguimento ambiental.

A.2.ii. Fotográfico, coa data e hora de realización e un plano explicativo indicando o lugar desde onde se toman as fotografías.

A.2.iii. Documentos de control de residuos que a normativa esixa.

A.2.iv. Análises de augas (emitido pola entidade homologada).

A.2.v. Estudio do nivel de ruídos (emitido pola entidade homologada).

A.2.vi. Outras medicións requiridas pola DEA ou DIA.

A.3. Planos:

A.3.i. Plano de situación.

A.3.ii. Plano de labores, indicando a dirección de avance e a superficie alterada no ano e acumulada.

A.3.iii. Plano de planta e sección transversal da(s) entulleira(as).

A.3.iv. Mapa de ruídos coa actividade a pleno funcionamento.

A.3.v. Outros que procedan.

6.2. Memoria anual sobre Condicións ambientais e loita contra o po (ITC 01.08.01 e 07.01.04).

6.3. Documento de seguridade e saúde de acordo co R.D. 1389/1997, subscrito por técnico competente.

6.4. Relación de maquinaria dada de alta durante o ano.