Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2002 Páx. 3.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

EDICTO.

Por acordo da Comisión de Goberno desta deputación provincial aprobouse, o 1 de decembro de 2001, o proxecto ponte sobre o río Verdugo e acceso E.P. Ponte Verdugo-Cambeses (A Lama). Este sométese ó trámite de información pública durante un período de 30 días hábiles, a partir da publicación

deste edicto, co fin de que as persoas que o estimen oportuno formulen as alegacións que consideren procedentes.

Así mesmo, en virtude do disposto na Lei 6/2001, do 8 de marzo, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación do impacto ambiental, e Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental da obra ponte sobre o río Verdugo e acceso E.P. Ponte Verdugo-Cambeses, durante o prazo de 30 días hábiles.

O proxecto do trazado e o estudio de impacto ambiental poderanse examinar no Servicio de Vías e Obras desta deputación provincial.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario xeral

Rubricado